Coto Redondo

Tienda Online

Ver Premios




A Nosa Terra

Nuestra TierraO Concello de As Neves está encravado na Comarca do Condado e a maioría das súas terras bañas o río Miño, aínda que tamén o atravesan outros ríos como o Termes e o Xuliana, que dan encanto as súas terras, que fan florecer a súa vexetación e que son unha das fontes de vida das súas vides, que tamén crecen grazas o amparo do sol que acariña desde os primeiros raios os campos e as súas hortas.

As Neves é un municipio pequeno situado ó norodeste da provincia de Pontevedra, que rolda os 5.000 habitantes, repartidos en trece parroquias, cada unha cun gran segredo por descubrir.

O noso concello é rico en variedades paisaxísticas. Ríos, vales e montes compoñen un poema relaxante onde perderse durante uns días na búsqueda da tranquilidade que demandan estos tempos modernos.

As beiras do río Miño son dunha beleza incomparable, mentras que a zona montañosa fainos disfrutar da natureza en estado puro. Así, se deciden achegarse ata As Neves non deben esquecerse de visitar o caso urbán, o monte de San Nomedio, onde disfrutarán dunha panorámica espectacular dos vales e dos río Tea e Miño, a área recreativa de Santa Mariña, onde ademais poderán dar un bonito paseo pola beira do río no Camiño dos Pescadores e visitar a Romaría de Santa Marta, deleitarse cas esculturas ubicadas en Redondelo, e nas que se mistura a arte coa natureza o camiñar polas súas parroquias, nas que se sentirán engaiolados polos seus encantos e descubrirán un gran legado histórico-artístico co que conta. Mostra diso son os innumerables restos arqueolóxicos atopados como mamaos, petrogriflos, castros, bronces romanos, pesqueiras de lampreas, pontes romanas. Ademais de monumentos religiosos (igrexas de diferentes movementos artísticos, petos de ánimas, cruceiros...).

Se As Neves é fermosa polos seus encantos paisaxísticos non o é menos pola súa gastronomía, que deixa sen palabras ós que se achegan a probala. Destacan a lamprea, os productos de caza e, como non, o requeixo e a mel, que teñen a súa propia festa no venres santo. Todo elo regado cos mellores viños brancos (albariño e condado) e os tintos de Rubiós.


f10informatica.com ©2018 Aviso Legal Señorio de Rubios