Coto Redondo

Tienda Online

Ver Premios




Señorío de Rubiós Albariño, Acio de Ouro en Rías Baixas

Señorío de Rubiós Albariño, Acio de Ouro en Rías Baixas O Señorío de Rubiós Albariño logrou o ACIO DE OURO en Rías Baixas na XXVIII edición das Catas do Viños de Galicia que organiza a Xunta de Galicia en colaboración cos diferentes consellos reguladores da comunidade galega. Este premio recoñece ao albariño de Señorío de Rubiós como o mellor da Denominación de Orixe Rías Baixas. As catas deste importante premio, que chegaba a súa 28 edición, contaron coa participación de 201 marca de viños de 121 adegas, que foron evaluadas por doce expertos que escolleron ao Señorío de Rubiós Albariño como o mellor viño de Rías Baixas. Este destacado galardón vén sumarse ao logrado fai un mes, tamén polo Señorío de Rubiós Albariño, como o mellor viño xoven de España, ao ser recoñecido pola Unión Española de Catadores co Gran Baco de Ouro, Premio Luís Hidalgo. A principal aposta de Señorío de Rubiós sempre foi a calidade e a recuperación das castes tradicionais da subzona do Condado do Tea. E nestes dez anos de vida acadárono, aínda que queda moito camiño por andar. E estes importantes premios son o mellor recoñecemento e motivación para seguir traballando. “Con este premio queremos recoñecer o esforzo, traballo e lealtade dos nosos socios, viticultores, clientes, amigos e a todo o equipo de traballadores da nosa adega”. O Señorío de Rubiós Albariño 2015 destaca por unha nariz máis sutil e complexa e unha boca extraordinaria, froito das condicións climatolóxicas durante o periodo produtivo 2015, que estiveron marcadas por unhas temperaturas superiores a medias dun ano normal, e de escasas precipitacións.

f10informatica.com ©2018 Aviso Legal Señorio de Rubios