Coto Redondo

A Nosa Adega




Tienda Online

Ver Premios




Historia

Historia

A nosa adega naceu dunha antiga idea que roldaba a varios veciños da zona que tiña en mente facer unha adega para poder vender e promocionar os xa coñecidos viños de Rubiós, que o único que precisaban era unha plataforma de saída ó mercado. Así, a finais do ano 2003 cincuenta e sete persoas, os primeiros socios, sentaron as bases desta idea e fundaron a adega Coto Redondo, que actualmente xa posee 105 socios, que traballan para situar o viño de Rubiós no lugar que sempre lle correspondeu, por tradición, por historia e pola calidade dos seus caldos.

Tras moito esforzo e traballo nos primeiros meses do 2006 saíron á luz os primeiros viños da nosa adega, que sorprenderon gratamente a mitos padais e esperamos que o sigan facendo nos próximos anos, nos que sairan ó mercado novas propostas desta adega.


tpo-informática ©2018 Señorio de Rubios